Arranxan 11 quilómetros da estrada autonómica entre A Pobra do Brollón e O Incio

O delegado da Xunta en Lugo supervisou as obras cos alcaldes de A Pobra do Brollón e O Incio. GPXG

A mediados de xullo, quedaron rematadas as obras de acondicionamento que a Xunta desenvolveu nun treito de 11 quilómetros da estrada LU-653, que comunica A Pobra do Brollón con Hospital do Incio.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, desprazouse ata A Pobra para supervisar o resultado dos traballos, acompañado polo alcalde deste municipio, Xosé Luís Maceda, e o rexedor de O Incio, Héctor Corujo. Arias explicou que o Executivo autonómico destinou 85.100 euros para acondicionar preto de 11 quilómetros deste vial, entre os puntos quilométricos 3,200 e 14,100, que discorren polo término municipal da Pobra do Brollón. Os traballos consistiron na reparación localizada do pavimento nos treitos que o precisaron, e na aplicación posterior dun dobre tratamento superficial de regos asfálticos con grava. Arias salientou que estas obras beneficiarán sobre todo á veciñanza dos núcleos de A Ferreirúa, Pacios e Biduedo, entre outros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Executado o 25% da primeira fase da autovía Nadela-Sarria

Seguinte Nova

As reservas dos catamaráns para o verán medran a bo ritmo

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss