As reservas dos catamaráns para o verán medran a bo ritmo

•A mediados deste mes, xa estaba reservado o 85% das prazas dispoñibles para xullo e agosto

As rutas fluviais da Ribeira Sacra cumpren todos os protocolos hixiénico-sanitarios. GPDL

Os catamaráns continúan sendo un dos principais atractivos da Ribeira Sacra, como proba o rexistro de reservas para este verán. Segundo informou a voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto, os catamaráns da Deputación xa tiñan, a mediados de xullo, reservadas o 85% das prazas dispoñibles para o que queda de verán. «Pensamos que son cifras moi importantes nunha tempada que consideramos clave para a recuperación dos sectores máis afectados pola pandemia, como son a hostalería, o turismo e o comercio”, apuntou a voceira.
García Porto precisou que, dende a apertura da tempada no mes de marzo, máis de 10.000 persoas desfrutaron das rutas fluviais da Ribeira Sacra. Deste número, máis de 8.000 viaxaron na ruta que sae de Ponte do Sil, e máis de 2.000 na ruta de Belesar. A voceira insistiu en que «os catamaráns xeran un efecto multiplicador en termos de pernoitas e de consumo”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Arranxan 11 quilómetros da estrada autonómica entre A Pobra do Brollón e O Incio

Seguinte Nova

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra activou unha app de incidencias

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss