Destacados da axenda na zona sur

PANTÓN. A Piscina Municipal está aberta dende o 22 de xullo, coas medidas anticovid establecidas polas autoridades sanitarias. O horario para acceder ás zonas de baño é de 13:00 a 21:00 horas.•

O SAVIÑAO. O sábado 24 de xullo, ás 13:00 horas, terá lugar no Círculo Saviñao a inauguración da Exposición Colectiva Galego-Portuguesa, que organiza esta asociación cultural recreativa de Escairón e a Associaçao da Amizade e das Artes Galego Portuguesa. A mostra recolle obras de 17 creadores galegos e portugueses, nunha escolma que poderá verse ata o 4 de setembro. •

CHANTADA. O Espazo Xove de Chantada continúa a promover diversas actividades para fomentar o lecer creativo na mocidade entre 14 e 30 anos da comarca. Durante os meses de xullo, agosto e setembro estase a desenvolver un obradoiro de ilustración e cómic, a cargo de Estefanía Padullés, todos os martes de 16:00 a 19:00 horas.Ademais, os xoves de 16:00 a 19:00 horas, o Espazo organiza un obradoiro de escultura con vimbia, para xerar estruturas colaborativas con este material. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga amplía os horarios dos museos e da Oficina de Turismo no verán

Seguinte Nova

Ata o 16 de agosto poden solicitarse as axudas do programa Emega para mulleres emprendedoras

Últimas noticias sobre AXENDA

Ir aInicio

Don't Miss