La Vuelta Junior Cofidis trouxo a Monforte a súa aula de ciclismo para os máis novos

As probas prácticas tiveron lugar na contorna da Praza da Compañía. (Foto: MONTERO)

O domingo 11 de xullo, a Praza da Compañía de Monforte acolleu a Aula Ciclista- Bike Park, unha actividade deportiva destinada aos máis cativos, e que forma parte de La Vuelta Junior. Esta actividade intégrase na programación promocional de La Vuelta a España 2021.
A aula ciclista contou coa participación de nenos e nenas dende terceiro a sexto curso de Educación Primaria. A actividade incluiu contidos teóricos sobre seguridade vial, alimentación, medio ambiente e mecánica da bicicleta. Na parte práctica, houbo un circuíto de habilidades e manexo da bicicleta. Ao remate, todos os participantes recibiron agasallos conmemorativos do seu paso pola aula ciclista.
O evento foi o resultado do acordo de colaboración entre o Concello de Monforte, La Vuelta e a entidade financieira Cofidis.•

O evento tivo como finalidade promover a práctica do ciclismo entre os máis cativos, e promocionar a proba ciclista máis importante de España. (Foto: MONTERO).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte acolleu a terceira liga galega slalom de piragüismo organizada polo Club Quixós

Seguinte Nova

O patrocinio da Xunta destina 400.000 euros a 24 equipos lucenses de alta competición

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: