Monforte acolleu a terceira liga galega slalom de piragüismo organizada polo Club Quixós

Panorama do tramo urbano do río Cabe durante a disputa da 3ª Competición Liga Galega Promoción Slalom- Trofeo Concello de Monforte, o pasado domingo 11 de xullo. (Foto: MONTERO)

O soleado domingo 11 de xullo deixou en Monforte de Lemos unha colorista estampa deportiva e vinculada á paisaxe. O Club Quixós de montaña e piragüismo organizou a terceira competición da liga galega en promoción slalom- Trofeo Concello de Monforte, coa participación dun nutrido grupo de rapaces e rapazas das categorías base.

Foto de familia dos participantes do Club Quixós, organizador da proba, coas 14 medallas conseguidas na proba autonómica, acompañados polo alcalde, José Tomé, e a tenente de alcalde, Gloria Prada, ao remate da competición. (Foto: MONTERO)

14 MEDALLAS PARA OS RAPACES E RAPAZAS DO QUIXÓS, E PRIMEIRO POSTO NA CATEGORÍA DE CLUBS
O bo traballo de canteira que desenvolve o club monfortino deu como resultado un abultado número de medallas. Ata 14 deportistas desta agrupación deportiva subiron ao podio nesta proba, na que o propio Club Quixós obtivo o primeiro posto na modalidade de clubs. Ao remate da proba, tivo lugar a entrega das medallas aos gañadores da proba, a cargo do alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado de varios membros da Corporación local. •

Ademais das 14 medallas dos deportistas, o Club Quixós quedou en primeiro lugar do podio na clasificación por clubs. O alcalde de Monforte foi o encargado de entregar as medallas aos responsables dos tres clubes máis destacados. (Foto: MONTERO)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A investigadora Mar López Sotelo presentou o seu libro sobre esgrafiados na Ribeira Sacra e o Camiño de Santiago

Seguinte Nova

La Vuelta Junior Cofidis trouxo a Monforte a súa aula de ciclismo para os máis novos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: