O Concello licita a mellora dun camiño público do polígono do Reboredo

Anuncio da licitación do camiño do Reboredo. Na imaxe, o alcalde, acompañado da tenente de alcalde, Gloria Prada, e do concelleiro de Servizos, José Luis Losada. GPCM

A mediados de mes, o alcalde anunciou unha nova actuación en materia urbanística, referida desta volta ao polígono industrial do Reboredo. O proxecto, explicado polo rexedor, José Tomé, consiste na mellora e ampliación dun camiño público existente nesta superficie industrial, co fin de convertelo nunha nova rúa que vai favorecer o desenvolvemento e a ampliación de dito polígono.

TOMÉ: RESULTADOS «EXCELENTES» DAS MEDIDAS MUNICIPAIS, XA QUE A VENDA DE PARCELAS ESTÁ «PRACTICAMENTE ESGOTADA»
Tomé salientou que «dende o Concello, apostamos claramente polo desenvolvemento deste polígono, tanto nas infraestruturas viarias como nos servizos de mellora de alumeado, mellora de abastecemento de auga, e melloras no saneamento e promoción diante do tecido empresarial». O rexedor monfortino precisou que estas medidas emprendidas polo Goberno local «están dando uns excelentes resultados, dado o nivel de venda de parcelas que está practicamente esgotado».
CAMIÑO MUNICIPAL QUE PASA A SER UNHA RÚA DE 16,50 METROS DE ANCHURA TOTAL
O rexedor explicou as características do proxecto que se vai licitar. O camiño, de titularidade municipal, presenta un firme de terreo vexetal con zonas moi húmidas. A mellora suporá a eliminación da vexetación e a restauración do firme, e ademais vaise ampliar cara ao ser lado oeste. Os treitos nos que se vai actuar suman 8.503 metros cadrados de superficie, e case medio quilómetro de lonxitude.
A futura rúa terá, no seu tramo principal, unha calzada de 7 metros de ancho, con dous carrís de 3,50 metros, completada con dous aparcamentos a ambos lados da rúa de 2,25 metros. Por cada lado, tamén se construirán beirarrúas de 2,50 metros. No segundo tramo, perpendicular ao primeiro, vaise construír para dar acceso á rotonda. Este tramo terá o mesmo ancho total que o primeiro, cunha calzada de 9 metros, con dous carrís de 4,50 metros, e dúas beirrarúas laterais de 3,74 metros cada unha.•

Un documental porá en valor o tecido empresarial de Monforte

O Concello de Monforte é o principal patrocinador do documental titulado «Monforte de Lemos, Vía Sacra», co que se trata de promocionar a actividade económica e empresarial da cidade do Cabe, «especialmente nun momento no que a incidencia da covid-19 segue a estar moi presente na nosa sociedade».
A peza documental, elaborada en formato cine, recolle unha selección de 22 proxectos empresariais vinculados a Monforte de Lemos. Estes negocios son os protagonistas desta película, segundo explicaron dende o Consistorio, ao servir de mostra representativa da actividade económica do municipio. O alcalde agradeceu a colaboración destas empresas para participar no proxecto e actuar tamén como copatrocinadores. «No documental, imos visibilizar o esforzo, o traballo e a ilusión que os empresarios e empresarias desta terra adican no seu día a día».
Para dar a coñecer o documental, o Concello organizou un acto de presentación na Praza da Compañía, na tarde do venres 23 de xullo, de carácter gratuíto pero con aforo limitado, polo que require reserva previa.. O evento contará coa actuación da artista internacional e natural de Monforte Rosa Cedrón, e coa participación do alcalde, José Tomé, e o director da produtora do documental, Ignacio Seijo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Seguinte Nova

Executado o 25% da primeira fase da autovía Nadela-Sarria

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio