O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra activou unha app de incidencias

•A aplicación permite que o visitante «sexa partícipe da xestión sustentable e eficiente da Ribeira Sacra»

Captura de pantalla da web do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, co enlace á aplicación para comunicar incidencias. CTRS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra ten activada unha aplicación para que os visitantes poidan comunicar incidencias relativas á accesibilidade e ao mantemento dos puntos de interese turístico. Esta aplicación, elaborada polo Consorcio coa colaboración da Axencia Turismo de Galicia, está dispoñible na web turismo.ribeirasacra.org.
A aplicación identifica o recurso turístico por xeolocalización automática do punto onde se atopa o visitante co seu terminal, ou ben por localización do recurso sobre un mapa. Tamén se pode localizar empregando un buscador e introducindo o nome do lugar ou recurso. Unha vez notificada a incidencia, o Consorcio trasladará este dato ao responsable da xestión do recurso, e fará seguemento do proceso de solución. Así mesmo, o Consorcio manterá informado ao visitante sobre a intervención, para contribuír á boa imaxe do xeodestino.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

As reservas dos catamaráns para o verán medran a bo ritmo

Seguinte Nova

Os lucenses maiores de 50 anos xa poden desfrutar do programa de turismo saudable Lugo Termal

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss