O patrocinio da Xunta destina 400.000 euros a 24 equipos lucenses de alta competición

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, na sinatura dos contratos de patrocinio cos representantes dos 24 equipos lucenses de alta competición, o pasado 12 de xullo. GPXG

Un total de 24 equipos da provincia de Lugo asinaron este mes cadanseu contrato dentro do Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia da Fundación Deporte Galego. A sinatura celebrouse en Lugo, coa presenza do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, a directora de zona de Abanca en Lugo, Zaira Dapena, e os representantes dos 12 equipos masculinos e dos 12 femininos que participan neste plan. En total, a Xunta destina a estes contratos máis de 400.000 euros, o que supón máis do 12,8% da dotación total do plan de patrocinio.

O CB CHANTADA, ENTRE OS EQUIPOS DO PLAN
Entre os equipos que se acolleron a este plan, está o CB Chantada, e os clubes de baloncesto Breogán e Estudiantes da capital provincial. O Emevé de voleibol de Lugo tamén está integrado nos contratos de patrocinio, co seu equipo masculino e co feminino.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

La Vuelta Junior Cofidis trouxo a Monforte a súa aula de ciclismo para os máis novos

Seguinte Nova

Esgotadas as 25.000 autocitas para a vacinación da mocidade de 16 a 21 anos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss