O programa itinerante Propulsa Patrimonio fixo parada en Chantada e Monforte

•A iniciativa busca difundir o gran momento da danza contemporánea tendo como escearios 27 espazos singulares de toda Galicia

O programa organizado pola Xunta levou a Monforte tres espectáculos de danza contemporánea, na contorna da Praza da Compañía. GPXG

A Xunta está a desenvolver un novo programa cultural para este verán, que vincula a danza contemporánea cos principais entornos monumentais da comunidade. Baixo o título “Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio”, un total de 30 formacións están a amosar ata finais de agosto as súas propostas de danza en 27 espazos singulares de Galicia.

Os tres espectáculos puideron desfrutarse na Praza da Compañía de Monforte de Lemos. (Foto: MONTERO)

MÁIS DE MEDIA DUCIA DE SESIÓNS NA PROVINCIA DE LUGO
As sesións arrancaron no Peirao de Rinlo, en Ribadeo, o 2 de xullo, e fixeron parada ao día seguinte no Castelo de Pambre, en Palas de Rei. A cita do día 9 tivo lugar na Praza Conde de Fenosa en Portomarín, para continuar o día 10 en Chantada. Logo de pasar pola capitalidade provincial, a Praza dos Escolapios de Monforte de Lemos acolleu, o día 16, os espectáculos Keep Going, de La Macana; Feelings, de Janet Novas, e Um solo para a sociedade, de Sao Castro & Antònio M. Cabrita.

As actuacións conxugaron a danza galega máis vangardista coa riqueza patrimonial de espazos singulares de Galicia, como o Colexio dos Escolapios, en Monforte de Lemos. (Foto: MONTERO)

XACOBEO 2021-2022
Das formacións que participan no programa impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, 23 son galegas e as outras sete son convidadas do resto de España, Francia e Portugal.
Segundo destacaron os responsables autonómicos, o ciclo, integrado na programación do Xacobeo 2021-2022, busca compartir co público o gran momento creativo da danza en Galicia, ao tempo que se pon en valor o noso patrimonio cultural e paisaxístico.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

200.000 euros provinciais para apoiar a actividade cultural das asociacións lucenses

Seguinte Nova

A investigadora Mar López Sotelo presentou o seu libro sobre esgrafiados na Ribeira Sacra e o Camiño de Santiago

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss