Os lucenses maiores de 50 anos xa poden desfrutar do programa de turismo saudable Lugo Termal

•Por vez primeira, o Lugo Termal acolle a persoas de entre 50 e 55 anos, e non marca limitacións á idade do acompañante

O presidente da Deputación, José Tomé; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; e o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, visitaron o Balneario de Lugo, que participa na nova edición do programa Lugo Termal. GPDL

A mediados de xullo, a Deputación abriu o prazo para solicitar algunha das 1.320 prazas do programa Lugo Termal, unha iniciativa de turismo saudable que ofrece importantes descontos en tratamentos termais, con ou sen estancia, nos balnearios de Lugo, Pambre e Pantón.

MÁIS RETORNO ECONÓMICO PARA OS BALNEARIO
Nesta edición, a gran novidade é a ampliación da idade dos beneficiarios, xa que os lucenses de entre 50 e 55 anos poderán sumarse ás vantaxes deste programa. Así mesmo, o acompañante do beneficiario non terá límite de idade. Estas dúas medidas suporán un aumento do retorno económico dos bonos nos establecementos termais «cando máis o necesitan, dado o impacto que supuxeron as restricións decretadas pola covid-19», apuntou o presidente da Deputación, José Tomé.

REQUISITOS PARA ACCEDER AO LUGO TERMAL
Ademais da idade, os solicitantes deberán cumprir os requisitos de estar empadroado nalgún dos 67 municipios da provincia de Lugo, valerse por si mesma, non padecer alteracións do comportamento que afecten á convivencia, e carecer de contraindicacións médicas.
A modalidade con estancia, que dispón de 1.000 prazas, inclúe seis días e cinco noites en pensión completa, cun mínimo de 15 técnicas termais, ademais dun programa de animación sociocultural de luns a xoves. O paquete está distribuído en 100 prazas no Balneario de Lugo, 700 no de Augas Santas de Pantón, e 200 no de Pambre, en Palas de Rei. O custe máximo por persoa é de 250 euros, dos que a Deputación custea 60,50 euros. O prezo inclúe a cea e aloxamento do día de entrada, e o almorzo e xantar o día de saída, con habitación compartida.
Na modalidade sen estancia, con 100 prazas en Lugo, 150 en Pantón e 70 en Palas, oferta un paquete de 10 días cun mínimo de 30 técnicas termais, a 200 euros por persoa cos descontos xa aplicados. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra activou unha app de incidencias

Seguinte Nova

A Deputación aprobou 92.500 euros para o arranxo da estrada de Vilachá á Estación por Rozabales en Brollón

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: