Quiroga amplía os horarios dos museos e da Oficina de Turismo no verán

Imaxe dunha das salas do Museo Etnográfico de Quiroga. Arquivo EC

Durante os meses de xullo e agosto, o Concello de Quiroga ofrecerá un horario máis amplo de atención ao público na Oficina de Turismo, e tamén nos Museos Etnográfico e Xeolóxico.

OFICINA DE TURISMO
Dende mediados de xullo, a Oficina de Turismo atende pola mañá de 10:00 a 14:00 horas, e pola tarde de 17:00 a 20:00 horas, de luns a venres. En sábado, domingo e festivos, a atención aos visitantes realizarase de 10:00 a 13:00 horas.

HORARIOS DOS MUSEOS
Este mesmo horario rixe nos dous museos que hai no municipio. Ademais, de luns a venres, o Museo Etnográfico abre de 10:00 a 14:00 horas, e de 18:30 a 20:00 horas. No Museo Xeolóxico, o horario en días laborables será de 10:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 18:30 horas.

MARCAPÁXINAS CON QR PROMOCIONAL DO MUNICIPIO
Outra das novidades é que o Museo Xeolóxico deseñou un marcapáxinas que serve de agasallo para todos os visitantes que se acheguen aos dous museos quirogueses e á Oficina de Turismo. O marcapáxinas inclúe, a través dun código QR, toda a información sobre os museos, o Concello de Quiroga e o Xeoparque Montañas do Courel. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Volve o Festival Internacional de Cine Fantástico Fancine de Lemos

Seguinte Nova

Destacados da axenda na zona sur

A %d blogueros les gusta esto: