Esgotadas as 25.000 autocitas para a vacinación da mocidade de 16 a 21 anos

A Xunta de Galicia informa que xa están esgotadas as 25.000 autocitas para a vacinación da mocidade de 16 a 21 anos. Os ocos esgotáronse despois de que a elevada demanda obrigara a poñer en marcha un plan de continxencia co fin de aliviar o tráfico na rede. Precisamente, a programación destas 25.000 novas autocitas se fixo en xornada de fin de semana para evitar repercusión nos sistemas asistenciais.

Tras unha primeira hora máis lenta no proceso, a partir das dez da mañá, xa se estaban citando arredor dunhas 300 persoas cada 10 minutos, ata chegar ás 2.000 cada 10 minutos, ao longo do día.

Sinalar que antes das nove da mañá xa había múltiples solicitudes, e que, nalgún momento houbo máis de 50.000 por minuto, alcanzándose, nas primeiras dúas horas, 1,6 millóns de solicitudes. A pesar deste volume, o plan de continxencia previsto e o reforzo de recursos humanos e materiais previsto funcionou, e, ás 14 horas, xa había 6.000 autocitas dadas e, ao redor das 16 horas, se esgotaron as 25.000.

A Xunta de Galicia xa abrira a autocita no mes de xullo para persoas maiores de 50 anos e para os estudantes de ERASMUS; e, días despois, puxéronse uns 17.000 ocos e hoxe outros 25.000. A alta demanda demostra o interese da mocidade á hora de vacinarse, feito polo que debemos congratularnos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O patrocinio da Xunta destina 400.000 euros a 24 equipos lucenses de alta competición

Seguinte Nova

Visita do secretario de Estado de Turismo a Monforte

Últimas noticias sobre SAÚDE

A %d blogueros les gusta esto: