A Deputación insta á Xunta a que elabore un plan de choque para dotar de recursos aos cadros de persoal do Sergas e medidas de reforzo para a Atención Primaria

O Presidente da Deputación de Lugo, e a voceira socialista, en declaracións antes do Pleno provincial de xullo. GPDL.

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou unha proposta de Goberno que reclama ao Executivo autonómico deseñar un plan para reverter os recortes de persoal no sistema sanitario galego, aplicar un sistema de rastrexo da Covid-19 eficiente que contribúa a aliviar o colapso dos centros de saúde e manter abertas todas as camas hospitalarias durante o verán. A proposta, presentada polo Goberno provincial, saíu adiante co apoio do PSdeG e o BNG, e cos votos en contra do PP. A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, explicou que “hai que reverter os recortes feitos polos sucesivos gobernos do PP, faltan especialistas e a idade media dos profesionais do sistema fai prever que as xubilacións dos vindeiros anos van agravar as carencias”. Incidiu na sobrecarga de traballo que sofren os centros de saúde da provincia pola Covid-19 entre os grupos de idade máis novos da poboación, e pide que se recupere o sistema de rastrexo. Considera que «non é aceptable que nun momento de emerxencia sanitaria como o que vivimos debido á pandemia se pechen recursos pola decisión de non cubrir as vacacións do persoal. As enfermidades non se van de vacacións”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello presentou na Compañía o documental “Monforte de Lemos, Vía Sacra”, co que promocionará o potencial económico da cidade

Seguinte Nova

O Círculo Saviñao estrea a súa primeira exposición internacional, que reúne a unha vintena de artistas de ambos lados do Miño

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: