Do 21 ao 25 de xullo, Monforte reactivou o seu pulso cinéfilo co VII Festival Internacional de Cine Fantástico FanCine de Lemos. As proxeccións de 19 curtametraxes en escenarios como a soberina Adega Algueira, o Parque dos Condes e o Ateneo Casino, combináronse co visionado de cinco películas nestes dous últimos emprazamentos, así como nos Multicines Hollywood. A dinámica axenda do FanCine ofreceu un taller de maquillaxe de efectos especiais, unha sesión golfa con película sorpresa, e unha sesión de contos de cine, ademais do concerto de Sr.Jingles e catro charlas con profesionais do sector.
O premio á mellor curtametraxe foi para «Su rider», de Alberto Utrera, cunha mención especial do xurado á fotografía da curta «Dar-Dar», de Paul Urkijo. O premio do público correspondeu a «Dana», de Lucía Forner Segarra, e a organización recoñeceu como mellor curta galega a «La penumbra», de Daniel Viqueira. •