A Xunta destina preto de 900.000 euros á hostalería de Monforte de Lemos a través de 401 axudas

Javier Arias, durante a visita á terraza de Casa Reboiro, un dos establecementos beneficiados polas axudas autonómicas. GCXG

A Xunta de Galicia achegou nos últimos meses 881.805 euros á hostalería de Monforte de Lemos a través das 401 axudas correspondentes aos dous primeiros Plans de Rescate e ao programa para o acondicionamento de terrazas e envasado de produtos.

EN MARCHA O 3º PLAN DE RESCATE DA XUNTA
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou un dos establecementos beneficiados, Casa Reboiro, e lembrou que está en marcha o terceiro Plan de rescate, que prevé anticipos de ata o 100% da axuda só con presentar unha declaración responsable.
A Consellería de Emprego e Igualdade aprobou en Monforte de Lemos 389 axudas por un importe global de 803.500 euros nas dúas primeiras edicións do Plan, nas que este municipio foi o segundo da provincia, despois da capital, que suma máis contía concedida.
Pola súa banda, a Vicepresidencia Económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación puxo en marcha a través do Igape un programa para o acondicionamento de terrazas e a compra de elementos de envasado para domicilio, que sumou un total de 78.260 euros en axudas para 12 hostaleiros de Monforte. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Intensa axenda de lecer para o verán na Asociación Veciñal de Tuiriz

Seguinte Nova

O Consorcio Ribeira Sacra amplía o seu orzamento e prepara unha nova imaxe corporativa

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss