ADIF adxudicou por máis de 30 millóns de euros a renovación de vía do tramo Monforte de Lemos-Lugo

• A actuación ten como obxectivo a mellora da calidade, fiabilidade e competitividade da conexión ferroviaria

Imaxe dos traballos de topografía na liña ferroviaria Monforte de Lemos – Lugo. (Foto: ADIF).

O Consello de Administración de Adif autorizou a adxudicación do contrato de obras de execución do proxecto construtivo de renovación de vía do tramo Monforte de Lemos-Lugo, por un importe de 30.346.026,48 euros, ive incluído. Estes traballos, adxudicados á empresa Comsa, enmárcanse nas actuacións promovidas por Adif para a mellora da calidade e fiabilidade da conexión ferroviaria entre Monforte de Lemos e Lugo. O traxecto Monforte-Lugo ten actualmente 71 quilómetros de lonxitude en vía única non electrificada. Precisamente, a electrificación deste tramo constitúe un dos principais investimentos planificados para o corredor.

MELLORAS NO TRAXECTO MONFORTE-LUGO
Estas actuacións teñen como obxectivo cumprir os compromisos de Adif coa optimización das condicións de explotación comercial do traxecto, en parámetros tales como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe. Os traballos previstos inclúen a modernización das instalacións existentes, así como a electrificación do corredor, adaptando a electrificación existente no tramo Ourense-Monforte de Lemos e dotando de catenaria e instalacións eléctricas ao tramo Monforte -Lugo. Esta intervención é unha das financiadas pola Unión Europea – NextGeneration EU. •

ADIF licita obras para optimizar pontes do tramo Ourense – Monforte por 10,5 millóns

O proxecto comprende actuacións nun total de nove pontes, doce trincheiras e seis medias ladeiras, co fin de adaptalos aos novos parámetros de explotación da liña, incluído o gálibo, que require a electrificación a 25 kilowatios que se instalará nesta liña entre as estacións de Monforte de Lemos e Ourense. O contrato licítase por un importe de 10.538.296,49 euros, cun período de execución de once meses, e contempla a ampliación do noiro existente no lado sur da estación ourensá de Os Peares para, posteriormente, permitir que se constrúa a plataforma ferroviaria dunha futura vía desviada, e conseguir unha lonxitude de 750 metros. Optimizaranse os sistemas de drenaxe da infraestrutura ferroviaria, así como as súas condicións de conservación e durabilidade. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Preto dunha quincena de eventos para celebrar en agosto unha atípica Feira do Viño de Amandi

Seguinte Nova

A superficie xestionada no convenio de protección das aldeas fronte ao lume achégase ao 70% do total

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss