Ata finais de agosto para desfrutar das visitas guiadas a puntos de interese na Pobra do Brollón

Imaxe de arquivo dunha visita á escavación de Os Conventos, en Vilachá de Salvadur. GPCPB

O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco visitas guiadas ata finais de agosto para coñecer o patrimonio natural, cultural e arqueolóxico do municipio.
No eido da arqueoloxía, o programa inclúe unha visita ao Castro de San Lourenzo en Cereixa, ao xacemento de Os Conventos, en Vilachá de Salvadur, e a Penas do Castelo, en Salcedo, ruta novidade deste ano. As visitas guiadas permiten aos participantes coñecer todos os datos extraídos dos traballos arqueolóxicos realizados en cada un destes puntos.
Outra das visitas ten como obxectivo afondar no patrimonio vitivinícola, cun achegamento ás adegas tradicionais de Vilachá, que inclúe explicacións sobre o viño e a contorna da man dos propios adegueiros.
O programa «Déixate guiar» complétase cunha visita á Cova das Choias, en Óutara, punto no que se pode contemplar o musgo luminiscente, as colonias de morcegos e os seres mitolóxicos que, segundo a organización, habitan este lugar. O aforo desta visita é reducido, para protexer a
fauna e a flora.
CON RESERVA OBRIGATORIA
As visitas son baixo demanda, ás 11:00 horas, de mércores a domingo, agás a da Cova das Choias, que só é en fin de semana. A reserva é obrigatoria nos teléfonos 650 624 828 (para Os Conventos, Adegas de Vilachá e Penas do Castelo) e 674 939 673 (para Cova das Choias e Castro de San Lourenzo). •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A mostra de autómatas Kinetiko percorre nove concellos da zona sur ata setembro

Seguinte Nova

Galicia non está entre as catro comunidades que recibirán do Goberno Central doses da partida extra de Pfizer

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: