Intensa axenda de lecer para o verán na Asociación Veciñal de Tuiriz

Imaxes do espectáculo «Punkdemia» en Tuiriz, a cargo de Peter Punk. (Foto: Asoc. Veciñal Tuiriz).

A dinamización da vida na aldea é o obxectivo das propostas culturais e lúdicas que ofrece ao longo do ano a Asociación Veciñal de Tuiriz. Este colectivo vén de organizar, na fin de semana do Apóstol, un espectáculo familiar, titulado «Punkdemia», a cargo de Peter Punk. A actividade contou coa asistencia de 80 persoas, que completaron o aforo dispoñible.
Así mesmo, a veciñanza de Tuiriz rematou o mes de xullo cunha excursión no tren turístico de Doade, que percorre a paisaxe de viñedos das terras soberinas. Ademais, completaron a xornada cunha visita á adega Regina Viarum.
A programación de agosto continúa con máis actividades. Para o sábado día 7, está prevista a actuación do grupo de música tradicional Abrente, que tamén organiza a Asociación Veciñal de Tuiriz dentro do programa «Musiqueando», da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A sétima edición do Fancine de Lemos reactivou o espírito cinéfilo da cidade de Monforte

Seguinte Nova

A Xunta destina preto de 900.000 euros á hostalería de Monforte de Lemos a través de 401 axudas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss