O Concello presentou na Compañía o documental “Monforte de Lemos, Vía Sacra”, co que promocionará o potencial económico da cidade

Preto de 300 persoas asistiron á presentación do documental promovido polo Concello de Monforte. (Foto: MONTERO)

A monfortina Praza da Compañía acolleu, a finais do mes pasado, a presentación do documental “Monforte de Lemos, Vía Sacra”, unha iniciativa audiovisual promovida polo Concello para dar a coñecer o potencial económico e os diversos atractivos da cidade do Cabe. A peza, dirixida por Ignacio Seijo, foi concibida como un documental en formato cine no que, ao longo da hora e 18 minutos que ten de duración, vai tecendo a imaxe contemporánea de Monforte de Lemos a través dunha escolma de 22 proxectos empresariais da cidade, que son os verdadeiros protagonistas do documental.
O alcalde, José Tomé, resumiu na presentación a intención do Concello con este documental, do que é o principal patrocinador. “Quixemos acadar un dobre obxectivo: amosar o potencial patrimonial, cultural, gastronómico, etnográfico e artístico de Monforte de Lemos e da Ribeira Sacra. E poñer en valor a actividade económica, a industria e o tecido empresarial de Monforte de Lemos, especialmente nun momento no que a incidencia da Covid-19 segue a estar moi presente na nosa sociedade, e afectando de cheo ós nosos sectores produtivos”.
Tomé agradeceu “a colaboración das empresas que quixeron formar parte deste proxecto, e copatrocinar xunto co Concello este documental. Nel, imos visibilizar o esforzo, o traballo e a ilusión que os empresarios e empresarias desta terra adican no seu día a día”.
Preto de 300 persoas asistiron ao evento, que tivo como nota cultural destacada a actuación da artista monfortina Rosa Cedrón. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Agosto, unha boa oportunidade para promocionar a mel e o aceite de Quiroga

Seguinte Nova

A Deputación insta á Xunta a que elabore un plan de choque para dotar de recursos aos cadros de persoal do Sergas e medidas de reforzo para a Atención Primaria

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir aInicio

Don't Miss