O Consorcio Ribeira Sacra amplía o seu orzamento e prepara unha nova imaxe corporativa

Imaxe de arquivo da presentación de iniciativas do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na feira Fitur 2021. (Arquivo EC).

O Pleno do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, celebrado o 29 de xullo, aprobou o orzamento da entidade para o 2021, que ascende a 1.311.249 euros. A cifra supón un incremento respecto aos 216.444,50 euros do pasado exercicio, subida que se explica pola achega de 848.000 euros do Plan de Sostibilidade para o ano en curso, e da aportación de 278.000 euros do Pacto pola Paisaxe.

«PAISAXE CULTURAL RIBEIRA SACRA»
Outra das medidas aprobadas na sesión plenaria foi a creación dunha nova identidade, baixo a denominación «Paisaxe Cultural Ribeira Sacra», executada no marco dun convenio extraordinario coa Axencia Turismo de Galicia sobre a Paisaxe Cultural. Dende o Consorcio explicaron que esta nova identidade, máis que ser «un logotipo máis que leve a confusión, desenvólvese co obxectivo contrario». Así, a finalidade é que esta marca «sexa unha icona que todos, Consorcio, Concellos, Consello Regulador e Xunta de Galicia, integremos progresivamente nos diferentes soportes de comunicación». Esta decisión explícase porque «hoxe son moitas as referencias e logotipos que se están a empregar co nome Ribeira Sacra, e urxía definir unha estratexia de comunicación unificada».
Con esta intención, dende o Consorcio vanse centrar na elaboración de manuais de identidade para cada Administración implicada, co fin de poder elaborar de xeito unificado os diferentes soportes de papelería, insercións publicitaria ou cartafoles, entre outros. Así mesmo, vaise deseñar un encarte no que se explique o concepto de marca e a súa representación gráfica, que será presentada «nos vindeiros meses».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta destina preto de 900.000 euros á hostalería de Monforte de Lemos a través de 401 axudas

Seguinte Nova

Presentan a Estratexia do Viño, que busca consolidar no mercado o sector vitivinícola galego e potenciar o turismo vinculado ás zonas de produción

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss