Reformas no colexio de Bóveda cun investimento de 77.000 euros da Xunta

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, acompañou ao delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, na súa visita ao CEIP Rosalía de Castro, o mes pasado. GPXG

Durante os meses de verán, a Xunta está a executar diversos traballos de mellora nos centros educativos da provincia. En Bóveda, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de rematar unha das fases do proxecto de reforma do CEIP Rosalía de Castro. O mes pasado, quedaban completadas as obras de instalación dun baño no interior dunha aula de Educación Infantil, así como a ampliación da biblioteca e a colocación de novas ventás na fachada leste e oeste, para garantir un mellor illamento e incrementar a eficiencia enerxética. Por último, incorporouse unha rampla para mellorar a accesibilidade ao centro educativo.
REFORMA INTEGRAL DA COCIÑA NUNHA SEGUNDA FASE
Na súa visita ao colexio de Bóveda para supervisar as obras, o delegado da Xunta na provincia, Javier Arias, informou de que se van realizar novas actuacións neste centro. O proxecto incluirá a reforma da cociña, na que se substituirán as instalacións de gas, fontanería e saneamento, así como os acabados das paredes e do chan.

MÁIS MELLORAS
A maiores, Arias anunciou que se están valorando novas intervencións neste colexio para os vindeiros meses. O delegado fixo referencia ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que ten como obxectivo habilitar centros de ensino máis sustentables e respectuosos co medio ambiente, ademais de incorporar outras leccións aprendidas coa experiencia da pandemia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Visita do secretario de Estado de Turismo a Monforte

Seguinte Nova

Preto dunha quincena de eventos para celebrar en agosto unha atípica Feira do Viño de Amandi

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: