Visita do secretario de Estado de Turismo a Monforte

•Na reunión con Tomé, Fernando Valdés adiantou que se vai traballar en novas experiencias turísticas que potencien Monforte

Rolda de prensa do alcalde de Monforte e do secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, xunto á subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e a tenente de Alcalde, Gloria Prada, o pasado 29 de xullo. GPCM

Monforte acolleu, a finais do mes pasado, a visita do secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés Verelst, resultado da invitación feita polo alcalde, José Tomé, durante a celebración da feira FITUR en Madrid a comezos de ano. Na reunión mantida na cidade do Cabe, ambos representantes públicos analizaron «as posibilidades de colaboración entre a Secretaría de Estado de Turismo e o Concello para poñer en valor o casco histórico importantísimo que temos, así como os seus elementos singulares, que teñen unha proxección turística moi importante”, explicou Tomé. O rexedor afirmou que, con esta visita, abriuse un espazo de diálogo para iniciar actuacións «de cara á conservación do patrimonio, e que ese patrimonio potencie o atractivo turístico de Monforte e do conxunto da Ribeira Sacra».
Pola súa parte, Fernando Valdés fixo referencia ao Plan de Modernización y Competitividad del Sector Turístico, dotado con 3.400 millóns de euros de fondos europeos. Este Plan, segundo o secretario de Estado de Turismo, «dispón de recursos para abordar a posta en valor do patrimonio de Monforte como expoñente en canto ó patrimonio de uso turístico». Valdés insistiu en que hai que «valorar conxuntamente as opcións para empezar a xerar experiencias turísticas» neste territorio, «aproveitando a súa capacidade en gastronomía, enoturismo e patrimonio natural e cultural».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Esgotadas as 25.000 autocitas para a vacinación da mocidade de 16 a 21 anos

Seguinte Nova

Reformas no colexio de Bóveda cun investimento de 77.000 euros da Xunta

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio

Don't Miss