190.000 euros da Xunta para cofinanciar a peatonalización da Rúa do Comercio en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, na sinatura do convenio, o mes pasado, coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas. GPXG

• Redacción – MONFORTE. En agosto, quedou asinado o convenio entre a Xunta e o Concello de Chantada para financiar as obras de peatonalización da Rúa do Comercio. Na sinatura, estiveron presentes o rexedor chantadino, Manuel Lorenzo Varela, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas.
A XUNTA APORTA O 70% DO ORZAMENTO, E O CONCELLO O RESTO MÁIS O MANTEMENTO DA OBRA
Segundo este documento, a Consellería achega o 70% do orzamento total, o que supón un desembolso de case 190.000 euros. Pola súa banda, o Concello de Chantada aporta preto de 82.000 euros, o 30% do importe total da intervención, ademais de asumir o mantemento e conservación unha vez recepcione as obras.
Logo da sinatura, Vázquez salientou que este tipo de intervencións son «prioritarias» para o Goberno galego, partidario de apoiar proxectos que melloren os espazos nas vilas galegas, e sobre todo os que melloren a funcionalidade e den prioridade de uso aos veciños.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria, entre os seis concellos lucenses que contratarán o seu propio orientador laboral

Seguinte Nova

Presentado en Santiago o documental «A verba viva» producido por Chantada Comunicación

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: