20 persoas desempregadas de Chantada e Carballedo recibiron formación nun obradoiro dual da Xunta

• O obradoiro contou cun investimento da Xunta de case 347.000 euros, ademais de incentivos á contratación dos participantes por empresas da zona

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, e o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, supervisaron algunhas das obras realizadas polos participantes no obradoiro dual. GPXG

• Redacción- MONFORTE.
Este verán, rematou o obradoiro dual que a Xunta ofreceu de forma conxunta aos municipios de Chantada e Carballedo, e que serviu para dar formación e experiencia laboral durante nove meses a 20 persoas desempregadas.
O obradoiro Serra do Faro V permitiu aos participantes formarse nas especialidades de albanelería e xardinería, ao tempo que realizaron obras de interese comunitario, acondicionando espazos públicos. A Xunta destinou a este obradoiro dual case 347.000 euros.

MELLORA DE BEIRARRÚAS E PAVIMENTO
En concreto, os alumnos de albanelería do obradoiro Serra do Faro V levaron a cabo en Chantada o arranxo das beirarrúas da Avenida de Monforte e do treito máis próximo aos Xulgados na Praza de Galicia, así como a mellora do pavimento na contorna das pistas de tenis.

ACTUACIÓNS EN ZONAS VERDES DE CHANTADA
O alumnado de xardinería ocupáronse da instalación e o mantemento dos xardíns e das zonas verdes da contorna do campo de fútbol do Sangoñedo e do paseo fluvial do río Asma, ademais de tarefas similares no parque Eloísa Rivadulla, na Avenida de Monforte, na Praza de Galicia, no pavillón deportivo e no viveiro municipal, entre outras áreas.

OBRADOIRO QUE FOMENTA O EMPRENDEMENTO E TAMÉN A CONTRATACIÓN DOS PARTICIPANTES
A finais de agosto, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, supervisou as obras de Chantada xunto ao rexedor local, Manuel Lorenzo Varela, lembrando que este tipo de obradoiros fomentan o emprendemento, «xa que os beneficiarios adquiren uns coñecementos específicos que lles permitirán iniciar os seus propios proxectos». Javier Arias precisou tamén que as axudas da Xunta a estes obradoiros inclúen incentivos para a contratación de participantes en empresas da zona durante un periodo mínimo de tres meses, que neste obradoiro suporía a contratación de 14 persoas, cun investimento de 21.000 euros.

MELLOR INSERCIÓN LABORAL CO CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE
Así mesmo, ao remate do obradoiro, todos os participantes recibiron o correspondente certificado de profesionalidade, documento que facilita a súa inserción laboral. Cómpre lembrar ademais que este tipo de obradoiros de emprego ofrecen formación teórico-práctica e experiencia laboral con contrato remunerado. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

ARTESANÍA, ANIMACIÓN E ETNOGRAFÍA XUNTÁRONSE NA EXPOSICIÓN ITINERANTE «KINEKITO»

Seguinte Nova

Un grave incendio iniciado en Ribas de Sil arrasou máis de 1.500 hectáreas en tres concellos e obrigou á actuación da UME

Últimas noticias sobre EMPREGO

A %d blogueros les gusta esto: