A campaña estrela do comercio asociado de Sarria premia a unha clienta cunha xornada de tendas para gastar 1.000 euros nunha hora

•Á clienta gañadora sobráronlle 7 minutos dos 60 establecidos na campaña para gastar os 1.000 euros

Cristina Quirón, gañadora da 8ª edición da campaña “60 x 1.000” de ACES- Sarria, ao remate da súa xornada de compras nun coche de época. (Foto: ACES – Sarria).

• Redacción- MONFORTE. En agosto, tivo lugar a xornada de compras coa que ACES-Sarria premia á persoa gañadora na campaña “60 x 1.000”. Esta iniciativa, que chega á súa oitava edición, trata de estimular o consumo nos establecementos do comercio asociado, cun premio de 1.000 euros para gastar nunha hora.

GASTOU OS 1.000 EUROS EN 53 MINUTOS
A gañadora desta edición, Cristina Quirón, paseouse por Sarria nun coche de época, posto á súa disposición pola organización para facer a xornada de compras aínda máis agradable. A cliente premiada, que estivo acompañada pola súa prima Erika, gastou 999,07 euros en tan só 53 minutos, sete menos da marxe proporcionada polas bases da campaña. Cada paso da xornada de compras quedou debidamente rexistrado por un fotógrafo e unha reporteira, que acompañaron a Cristina e á súa prima Erika en todo momento.

RUTA DE SHOPPING POR 9 COMERCIOS DE SARRIA
O itinerario de shopping por Sarria discorreu por un total de nove establecementos. Cristina iniciou a ruta de compras na xoguetería Don Dino, onde adquiriu varios xoguetes para o seu fillo, e continuou en Calzados Gayoso, coa compra de tres pares de zapatillas deportivas.
A continuación, desprazouse á Xoiería Díaz, establecemento no que comprou un reloxo, varias pulseiras e un colar.

DE PORTA A PORTA NUN COCHE DE ÉPOCA
Tras deixar este comercio, Cristina subiuse de novo ao coche de época, para desprazarse ata o seu novo destino na Rúa Nova. Alí, fixo parada en Electronova, para comprar un microondas e un secador, e continuar na tenda Los Sueños de Uxía, onde comprou unha mochila para o seu neno.
No último tramo da xornada de compras, Cristina achegouse no espectacular vehículo con condutor ao comercio Sabrina, onde mercou ás carreiras tres pezas de roupa, e xa en Dimar adquiriu roupa para o fogar. A xornada rematou no comercio no que selou o boleto gañador, Vilamey Complementos, onde mercou dous bolsos, e comprou roupa para o seu cativo en Colorín Colorado. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta licita en 260.400 euros os traballos de eficiencia enerxética do colexio de Sober

Seguinte Nova

Licitan por máis de 811.000 euros a explotación das estacións de autobuses de Sarria, Monforte e O Barco

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: