A homenaxe ao artista Manuel Jorge serviu para anunciar o futuro Museo de arte contemporánea de Chantada

O Auditorio Municipal de Chantada encheu todo o aforo na homenaxe tributada ao artista Manuel Jorge, o pasado 3 de setembro. Abaixo, exposición de retratos realizados por Manuel Jorge. (Fotos: Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada).

• Redacción- MONFORTE.
O legado artístico de Manuel Jorge está cada vez máis cerca de contar cun emprazamento propio na vila do Asma. Así o anunciaron os responsables da Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada, durante a celebración do concerto-homenaxe ao artista que se celebrou no Auditorio Municipal o 3 de setembro. O evento musical serviu para poñer o broche de ouro á exposición “Seis décadas de retrato”, que estivo aberta no Auditorio do 13 de agosto ao 5 de setembro.

O MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA EN CHANTADA, “O SOÑO DE MANUEL JORGE”
No concerto-homenaxe, cun Auditorio a rebosar de xente dentro das restricións pola pandemia, a presidenta da Asociación Amigos de Manuel Jorge de Chantada, Mercedes Vázquez, anunciou a adquisición dunha vivenda no casco histórico co fin de convertela nun museo de arte contemporáneo. “Era o soño de Manolo”, explicou Vázquez no seu discurso, “e agora tócanos soñar por el, e sobre todo actuar por el”.

IMPLICACIÓN DOS DIVERSOS AXENTES
A presidenta deste colectivo cultural precisou que o artista deixou o seu legado pictórico á Asociación e recursos para poñer este proxecto en marcha. Con todo, Mercedes Vázquez apunto que “non podemos facelo sós, precisaremos da implicación da veciñanza, dos colectivos culturais e sociais da comarca e, sobre todo, das institucións”.
Polo de agora, o acordo cos propietarios da vivenda é firme, e a Asociación quere ter o proxecto definido antes de que remate o ano.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Continúa o estudo da riqueza arqueolóxica da Pobra do Brollón coa escavación de Penas do Castelo

Seguinte Nova

O polígono do Reboredo mellorará os accesos e contará cun viveiro de empresas cos case 318.000 euros en axudas da Xunta

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss