A RECICLAXE NA RIBEIRA SACRA SUPUXO UNHA MEDIA DE 18 QUILOS DE ENVASES LIXEIROS, PAPEL E CARTÓN POR VECIÑO

Visita a Sober da directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, acompañada do rexedor soberino, Luis Fernández, e o representante de Ecoembes Galicia, Bruno de Llano, na adega Regina Viarum, a finais de agosto. GPXG

• Redacción – MONFORTE. Este verán, deuse a coñecer o balance da reciclaxe correspondente ao territorio da Ribeira Sacra durante o ano 2020. Segundo os datos de Ecoembes, cada veciño deste territorio reciclou o ano pasado unha media de 18,06 quilos de residuos domésticos, depositando os correspondentes obxectos nos contedores amarelo, de envases de plástico, latas e briks, e no azul, para papel e cartón.
RECUPERACIÓN DE 1,03 MILLÓNS DE QUILOS DE LIXO
En total, a poboación dos 20 municipios que integran a Ribeira Sacra permitiu recuperar o ano pasado 1,03 millóns de quilos de lixo mediante a recollida selectiva. Nesta zona, incorporáronse 50 contedores á rede de reciclaxe para facilitar a tarefa á veciñanza.
Estes datos foron presentados en Sober pola direcotra xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, que visitou a adega Regina Viarum acompañada do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e o representante de Ecoembes Galicia, Bruno de Llano. No anuncio, Pérez felicitou á veciñanza polo seu «compromiso» coa recollida selectiva, e manifestou a necesidade de seguir mellorando as taxas actuais a través da información e da conciencia social. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O BONO ACTIVA COMERCIO DA XUNTA MOBILIZOU ATA AGOSTO 1,9 MILLÓNS EN VENDAS NA PROVINCIA DE LUGO

Seguinte Nova

ARTESANÍA, ANIMACIÓN E ETNOGRAFÍA XUNTÁRONSE NA EXPOSICIÓN ITINERANTE «KINEKITO»

Últimas noticias sobre SOSTIBILIDADE

Únete ao reto

• A campaña da Xunta que anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante

A %d blogueros les gusta esto: