ARTESANÍA, ANIMACIÓN E ETNOGRAFÍA XUNTÁRONSE NA EXPOSICIÓN ITINERANTE «KINEKITO»

Exposición interactiva de autómatas artesáns «Kinekito de Xira de Paus», na Casa da Cultura de Monforte, o 10 de agosto. (Foto: MONTERO)

• Redacción – MONFORTE. Monforte acolleu en agosto unha das sesións itinerantes da exposición «Kinekito de Xira de Paus», que ofrece Trécola Producións e organiza a Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación. A iniciativa tivo como obxectivo poñer en valor o universo dos autómatas, que na exposición cobraron vida grazas á intervención dos seus creadores, Manu Taboada, xogueteiro da Chintofanería, e Ero Vázquez, titiriteiro e artesán de Trécola. As persoas que se achegaron á exposición montada na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte puideron manexar os diversos autómatas, que reproduciron esceas, oficios e pequenas historias cotiás.
A mostra, que combina artesanía, tradicións e espectáculo, percorreu varias vilas do sur lucense, e continuará en setembro con sesións en Pantón, Bóveda e Chantada.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A RECICLAXE NA RIBEIRA SACRA SUPUXO UNHA MEDIA DE 18 QUILOS DE ENVASES LIXEIROS, PAPEL E CARTÓN POR VECIÑO

Seguinte Nova

20 persoas desempregadas de Chantada e Carballedo recibiron formación nun obradoiro dual da Xunta

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss