Comeza o curso no sur de Lugo con 3.583 matrículas en infantil, primaria e educación especial

• A comarca de Lemos suma 1.535 alumnos e a de Sarria 1.189 • En terras chantadinas, as aulas abren con 611 alumnos, e na comarca de Quiroga con 233

Segundo datos aportados pola Consellería, en Galicia o curso 2021-2022 terá 2.356 escolares menos na etapa infantil e 2.482 menos en primaria respecto a 2020-2021. (Foto: Pixabay)

• Redacción- MONFORTE.
O 9 de setembro comezou o curso escolar 2021-2022 nas etapas de educación infantil, primaria e especial, marcado por unha caída no número de alumnos, xa que hai 4.832 matriculacións menos que no curso pasado. Por etapas, a diminución ronda cifras similares, con 2.356 escolares menos en infantil e 2.482 estudantes menos en primaria.

PRETO DE 19.800 ESCOLARES VOLVERON ÁS AULAS O DÍA 9 NA PROVINCIA
Deste xeito, na provincia de Lugo, os 120 centros privados, públicos e concertados que comezan o curso o día 9 suman 19.789 alumnos, dos que 13.576 cursarán primaria, 6.128 educación infantil, e 85 educación especial.

SAMOS, O CONCELLO CON MENOR NÚMERO DE MATRÍCULAS ESCOLARES DA ZONA SUR
Na zona sur, a comarca de Lemos aglutina o maior número de alumnos, con 1.535, sendo Monforte de Lemos o concello con máis escolares, con 364 en infantil, 15 en especial e 846 en primaria, mentres que Bóveda acada a cifra máis baixa, con 11 nenos en infantil e 26 en primaria. No conxunto de Lemos, o curso comeza con 470 alumnos en infantil e 1.065 en primaria.
Na comarca de Sarria, encabeza o listado o concello sarriao, con 306 alumnos en infantil e 611 en primaria. Os rexistros máis reducidos danse en Samos, con 4 escolares en infantil e 9 en primaria, sendo o municipio con menos escolarizados en toda a zona sur, e Triacastela, que xunta 10 en infantil e 5 en primaria. En total, 411 alumnos de infantil e outros 778 en primaria na comarca.
En terras do Courel, con 78 alumnos de infantil e 155 de primaria na comarca, Quiroga ten 55 matrículas de infantil e 106 de primaria, mentres que Folgoso rexistra 11 e 16, respectivamente.
Por último, na comarca chantadina, hai 149 alumnos de infantil e 323 de primaria, así como 1 en educación especial, nos colexios de Chantada, e en Carballedo os números baixan ata os 19 en infantil e os 27 en primaria. Na suma desta comarca, compútanse un total de 195 en infantil e 416 en primaria. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

VERÁN CULTURAL NA POBRA DO BROLLÓN CO 4º CAMPO DE VOLUNTARIADO NO CASTRO DE SAN LOURENZO

Seguinte Nova

SOBER CONTINÚA A OFRECER O SERVIZO CONCILIA, QUE ATENDE AOS ESCOLARES ANTES E DESPOIS DAS CLASES

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss