• Redacción- MONFORTE. A comezos de setembro, quedaron rematados os traballos de renovación integral da escalinata da rúa Abelardo Baanante, coñecida como A Calexa e recentemente peonalizada. Aproveitando as obras, colocouse preto do entronque coa rúa Comercio unha placa en lembranza de Consuelo Alonso, veciña destas rúa e que foi represaliada na Guerra Civil.
No arranxo da rúa, o Concello de Monforte investiu algo máis de 95.500 euros.•