
• Redacción- MONFORTE.
O Goberno municipal de Monforte continúa co seu programa de recuperación de espazos urbanos. Unha das intervencións máis recentes realizouse na Praza Doutor Goyanes, que amosa dende mediados de agosto un aspecto máis diáfano e libre de barreiras arquitectónicas.
Na inauguración da renovada praza, o alcalde, José Tomé, acompañado pola primeira tenente de Alcalde, Gloria Prada, salientou que «con estas obras acadamos un espazo reordenado, totalmente accesible e diáfana, ó eliminar as barreiras arquitectónicas existentes, e cun pavimento totalmente renovado». Tomé insistiu en que o resultado dos traballos farán que a Praza Doutor Goyanes «poderá ser de novo desfrutada por monfortinos e visitantes, dado que pola súa ubicación, conta con moito tránsito diario”.
As obras na Praza Doutor Goyanes adxudicáronse por importe de 86.914 euros. •