Continúa o estudo da riqueza arqueolóxica da Pobra do Brollón coa escavación de Penas do Castelo

Imaxe do xacemento pendurado sobre o río Lor, no monte de Salcedo. Penas do Castelo – Arqueoloxía de Aldea

• Redacción- MONFORTE.
Durante o mes de agosto, arrancaron os traballos na nova escavación de Penas do Castelo, situada no municipio de A Pobra do Brollón. O proxecto, xurdido da colaboración entre a Xunta, o Concello, a Asociación Veciñal de Salcedo e a Comunidade de Montes, está financiada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Como tarefas previas, a Comunidade de Montes promoveu a roza e o rexistro deste punto de interese arqueolóxico, no que os traballos técnicos están a cargo de Árbore Arqueoloxía. O proxecto céntrase na muralla do xacemento, para a súa datación a través de mostras ás que se aplicará a análise por Carbono 14.
Tradicionalmente, este miradoiro natural considerouse un xacemento altomedieval, pero tralos traballos de limpeza vexetal quedou de manifesto unha estrutura de posible castro, similar a outras detectadas no Courel ou en varios puntos da provincia de Ourense. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Arranxo da ponte de Pacios da Veiga, en Brollón

Seguinte Nova

A homenaxe ao artista Manuel Jorge serviu para anunciar o futuro Museo de arte contemporánea de Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss