Licitan por máis de 811.000 euros a explotación das estacións de autobuses de Sarria, Monforte e O Barco

Imaxe da estación de autobuses de Sarria.

• Redacción- MONFORTE. Este verán, a Xunta licitou a concesión de servizos para a xestión da explotacións das estacións de autobuses de Sarria, Monforte e O Barco, por un valor estimado de máis de 811.000 euros sen ive. As empresas interesadas tiveron de prazo ata o 8 de setembro para presentar as correspondentes ofertas.

CONTRATO POR CINCO ANOS
Segundo informaron dende a Xunta, a licitación responde á finalización dos contratos anteriores, e o resultante do novo procedemento terá unha vixencia de cinco anos.

SERVIZOS
O prego de licitación establece que o concesionario prestará ou facilitará os servizos preparatorios e complementarios do transporte a usuarios e transportistas, ademais de proporcionar os servizos de facturación, consigna, venda de billetes e información ao viaxeiro. Así mesmo, corresponderá ao concesionario o cumprimento das tarefas de mantemento e conservación das instalacións.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A campaña estrela do comercio asociado de Sarria premia a unha clienta cunha xornada de tendas para gastar 1.000 euros nunha hora

Seguinte Nova

Sarria, entre os seis concellos lucenses que contratarán o seu propio orientador laboral

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

   
A %d blogueros les gusta esto: