O BONO ACTIVA COMERCIO DA XUNTA MOBILIZOU ATA AGOSTO 1,9 MILLÓNS EN VENDAS NA PROVINCIA DE LUGO

O comercio de proximidade é un importante elemento de dinamización das cidades e vilas de Galicia. Arquivo EC

• Redacción – MONFORTE. Ata o vindeiro 31 de outubro está aberto o prazo para solicitar e descargar o Bono Activa Comercio, na web bonoactivacomercio.gal. Esta é unha das iniciativas que o Goberno galego ten en marcha para axudar á reactivación do sector, co obxectivo de revertir os efectos negativos da pandemia nas contas do pequeno comercio.

MÁIS DE 23.500 USUARIOS ATA AGOSTO NO CONXUNTO DA PROVINCIA
Ata agosto, esta iniciativa tiña xa mobilizado un total de 1,9 millóns de euros na provincia de Lugo, territorio no que, a comezos do mes pasado, tiña rexistrados no Bono Activa Comercio máis de 23.500 usuarios.

DESCONTOS SEN LÍMITE DE CANTIDADE
Na nova quenda de solicitudes, iniciada en agosto, os establecementos xa poden ofrecer aos seus clientes descontos sen límite de importe, superando o tope de 5.000 euros que estaba fixado na quenda anterior.

O CONSUMIDOR BUSCA CONFIANZA, CALIDADE E TRATO PERSONALIZADO
Dende a Consellería de Economía, Empresa e Innovación destacaron a boa acollida que os galegos ofreceron a esta iniciativa, manifestando o seu interese por mercar no comercio de proximidade na busca de confianza, calidade e un trato personalizado.

MÁIS DE 5.600 COMERCIOS ADHERIDOS EN TODA GALICIA
No conxunto da comunidade, ata agosto foron descargados máis de 175.800 bonos, con máis de 5.600 comercios adheridos en toda Galicia. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Completada a renovación da escalinata da Calexa

Seguinte Nova

A RECICLAXE NA RIBEIRA SACRA SUPUXO UNHA MEDIA DE 18 QUILOS DE ENVASES LIXEIROS, PAPEL E CARTÓN POR VECIÑO

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss