O polígono do Reboredo mellorará os accesos e contará cun viveiro de empresas cos case 318.000 euros en axudas da Xunta

Visita do conselleiro Conde ao polígono do Reboredo, co alcalde de Monforte, a finais do mes pasado. GPCM

• Redacción- MONFORTE.
A Xunta destinar preto de 318.000 euros en axudas para diversas actuacións no polígono industrial do Reboredo en Monforte. As achegas aplicaranse á ampliación do único camiño que queda por urbanizar no parque industrial, e para habilitar un espazo de 180 metros cadrados que se destinará a viveiro de empresas.

COLABORACIÓN “NUN OBXECTIVO COMÚN”
Así o destacou na súa visita ao polígono monfortino o vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, a finais do mes pasado. Conde, que estivo acompañado polo alcalde, José Tomé, e varios membros da Corporación monfortina, destacou “a colaboración entre a Xunta e o Concello nun obxectivo común como é a dinamización económica e empresarial e a creación de emprego nun eido importante para Lugo e Galicia como é a Ribeira Sacra”.
O conselleiro fixo balance en Monforte das actuacións en materia de fomento do emprego e dinamización económica que a Xunta desenvolve no sur de Lugo. O futuro viveiro de empresas do Reboredo será o cuarto proxecto deste tipo que o Executivo galego impulsou este ano na provincia, xunto aos de Corgo, Bóveda e Paradela. Así mesmo, o conselleiro destacou que Monforte de Lemos foi o primeiro municipio declarado Concello Emprendedor pola Xunta, categoría coa que agora xa contan outros 37 municipios galegos, e que gozan de achegas específicas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A homenaxe ao artista Manuel Jorge serviu para anunciar o futuro Museo de arte contemporánea de Chantada

Seguinte Nova

O CONCELLO RESERVA PARA 2022 A CONMEMORACIÓN DOS 25 ANOS DA CORAL POLIFÓNICA DE MONFORTE

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss