Presentado en Santiago o documental «A verba viva» producido por Chantada Comunicación

No centro da imaxe, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na presentación do documental cos seus directores, Lorena Gallardo e Humberto Novoa, máis a colaboradora de Chantada Comunicación, Mercedes Vázquez, a comezos de agosto. GPXG

• Redacción – MONFORTE. A riqueza cultural e lingüística que reúne a Ribeira Sacra conta cun novo documento audiovisual para a súa posta en valor. A comezos de agosto, presentouse en Santiago o documental «A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultural e patrimonio lingüístico», dirixido por Lorena Gallardo e Humberto Novoa, e producido por Chantada Comunicación, ademais de contar coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
A presentación, que tivo lugar no Pazo de San Roque da capital de Galicia, contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e os directores da peza, acompañados de Mercedes Vázquez, colaboradora de Chantada Comunicación. O documental fai un percorrido pola Ribeira Sacra nas voces dos seus protagonistas, conversa na que se aprecian as verbas singulares que definiron esta paisaxe única en todos os aspectos. O obxectivo, ademais de promocionar a Ribeira Sacxra, é recoller e recuperar a lingua e os termos propios da vida da ribeira, coas testemuñas de veciños, artesáns e profesionais vinculados a este territorio. A peza conta coa colaboración musical de Searas en directo, e do grupo Gancho Sanches nos créditos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

190.000 euros da Xunta para cofinanciar a peatonalización da Rúa do Comercio en Chantada

Seguinte Nova

A actividade continuou durante o verán no Espazo Xove de Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: