Sarria, entre os seis concellos lucenses que contratarán o seu propio orientador laboral

• Redacción- MONFORTE. A mediados de agosto, renováronse as axudas que a Consellería de Emprego e Igualdade destina á contratación de orientadores laborais en concellos, asociacións e entidades.

39 ORIENTADORES PARA 20 CONCELLOS LUCENSES
Na provincia de Lugo, serán 39 os postos desta tipoloxía que poderán cubrirse co financiamento autonómico, que ascende a 953.900 euros. O Concello de Lugo disporá de 25 orientadores, dous deles para o propio Consistorio e o resto distribuirase en asociacións empresariais, sindicatos e colectivos de integración social.

UN ORIENTADOR PARA SARRIA
Sarria será, xunto con Foz, Monforte, Ribadeo e Burela, un dos concellos que poderá contratar o seu propio orientador laboral.

SERVIZO COMPARTIDO
Para os restantes municipios adheridos a esta liña de acción autonómica, a contratación será compartida. Deste xeito, un mesmo orientador ofrecerá os seus servizos en Carballedo e Chantada, outro en O Corgo, Láncara e Triacastela, un será destinado a atender os municipios de Pantón, Sober e O Saviñao, e outro dará servizo en Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel.

TIPOLOXÍA DE CONTRATOS
Estes contratos, dun ano, financiaranse cun máximo de 25.000 euros por cada técnico en orientación laboral contratado a tempo completo. No caso dun contrato para prestar servizo nunha entidade sen ánimo de lucro que realice actividades de atención a persoas con discapacidade, a financiación será de 28.000 euros por técnico.
As funcións dos orientadores incluirán a elaboración de diagnoses individualizadas sobre o perfil e as necesidades dos desempregados, a aportación de información sobre o mercado laboral, e o deseño de itinerarios de emprego, entre outras. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Licitan por máis de 811.000 euros a explotación das estacións de autobuses de Sarria, Monforte e O Barco

Seguinte Nova

190.000 euros da Xunta para cofinanciar a peatonalización da Rúa do Comercio en Chantada

Últimas noticias sobre EMPREGO

A %d blogueros les gusta esto: