Sober amosa os resultados da escavación arqueolóxica de Proendos nunha exposición permanente

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, e o arqueólogo que dirixiu os traballos en Proendos, Francisco Alonso Toucido, na inauguración da mostra en agosto. Na foto superior dereita, detalle dalgunhas das pezas atopadas na escavación arqueolóxica. GPCS

• Redacción- MONFORTE. Sober conta cun novo espazo expositivo para dar a coñecer as últimas investigacións en torno á súa historia e identidade. Durante a celebración do Mes de Amandi, e no marco da XLI Feira do Viño, o gran evento identitario das terras soberinas, tivo lugar a inauguración da exposición permanente sobre a escavación arqueolóxica de Proendos. O acto contou coa presenza do alcalde, Luis Fernández Guitián, e o arqueólogo e director dos traballos da escavación, Francisco Alonso Toucido.
RESTOS DA ANTIGA PROENCIA
A mostra está instalada na Oficina de Turismo da capitalidade municipal, e permite achegarse á pegada histórica da que foi a antiga Proencia romana, nas súas diferentes etapas.

HORARIOS DA MOSTRA
A exposición, de carácter permanente, pode visitarse de luns a mércores en horario de 10:00 a 14:00 horas, e de xoves a domingo, en horario ininterrumpido de 10:00 a 20:00 horas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A XLI Feira do Viño de Amandi celebrou unha inusual edición en agosto, marcada polo cumprimento das medidas de seguridade sanitaria

Seguinte Nova

A Xunta licita en 260.400 euros os traballos de eficiencia enerxética do colexio de Sober

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: