SOBER CONTINÚA A OFRECER O SERVIZO CONCILIA, QUE ATENDE AOS ESCOLARES ANTES E DESPOIS DAS CLASES

O servizo Concilia que ofrece o Concello de Sober favorece a conciliación laboral e familiar. GPCS

• Redacción – MONFORTE. Está aberto o prazo para solicitar o servizo Concilia, que o Concello de Sober pon á disposición das familias con fillos escolarizados no CEIP Virxe do Carme. A iniciativa ofrece, dende o 1 de outubro, atención profesional aos escolares antes e despois das clases. Pola mañá, o servizo Madrugadores funciona de 07:45 a 09:30 horas, con xogos, lectura ou debuxo. As Ludotardes, de 15:45 a 17:30, é un espazo no que os nenos poden compartir xogos mentres esperan aos seus pais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comeza o curso no sur de Lugo con 3.583 matrículas en infantil, primaria e educación especial

Seguinte Nova

Completada a renovación da escalinata da Calexa

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: