• A fumareda chegou a Monforte, onde se percibiron con forza o olor a queimado e os restos volátiles da combustión
• Redacción- MONFORTE.
O lume deixou arrasadas máis de 1.500 hectáreas nun gran incendio orixinado na parroquia de Ribas de Sil, situada no concello do mesmo nome, na mañá do luns 6 de setembro. Horas despois, a gravidade do incendio fixo que a Consellería do Medio Rural decretara a Situación 2 como medida preventiva, cando as lapas ameazaban ao núcleo de Rairos, e xa afectaban ao concello de Quiroga. A Consellería tiña desplegada na zona un equipo composto por 4 técnicos, 4 axentes, 15 brigadas, 6 motobombas, 8 avións e 14 helicópteros. O mesmo día, a Xunta solicitou á Delegación do Goberno en Galicia a intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME), que participou cunha dotación composta por 63 militares procedentes das bases de León e Figueirido, con 26 medios entre os que se atopaban seis autobombas e equipos de recoñecemento. Ao día seguinte, o lume extendeuse ao municipio da Pobra do Brollón.
A este incendio hai que sumar o orixinado o domingo na parroquia de Nogueira, tamén en Ribas de Sil, cun alcance de máis de 150 hectáreas afectadas.•