VERÁN CULTURAL NA POBRA DO BROLLÓN CO 4º CAMPO DE VOLUNTARIADO NO CASTRO DE SAN LOURENZO

Os voluntarios colaboraron nas tarefas do xacemento arqueolóxico de Cereixa. GPCPB

• Redacción – MONFORTE. No mes de agosto, un total de 11 mozos e mozas de varios puntos de Galicia, Andalucía e País Vasco participaron no cuarto campo de voluntariado no Castro de San Lourenzo, na parroquia de Cereixa.

APOIO Á SÉTIMA CAMPAÑA ARQUEOLÓXICA
A iniciativa, financiada pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello de A Pobra do Brollón, serviu para que estes voluntarios apoiaran a sétima campaña de escavacións que teñen lugar neste xacemento. O grupo, dirixido polo arqueólogo Xurxo Ayán, colaborou nas tarefas de ampliación da escavación entre a ábsida da ermida e a muralla do castro, para verificar o límite da necrópole altomedieval e visualizar como se conectan os restos medievais coa antiga muralla castrexa.
O programa serviu para dar a coñecer aos mozos participantes varios puntos de interese cultural, paisaxístico e etnográfico deste municipio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O CONCELLO RESERVA PARA 2022 A CONMEMORACIÓN DOS 25 ANOS DA CORAL POLIFÓNICA DE MONFORTE

Seguinte Nova

Comeza o curso no sur de Lugo con 3.583 matrículas en infantil, primaria e educación especial

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss