• Redacción – MONFORTE. Ata o 24 de setembro está aberto o prazo para solicitar as axudas que o Concello de Monforte destina a asociacións culturais, lúdicas, recreativas ou formativas sen ánimo de lucro, co fin de apoiar o financiamento de actividades realizadas no exercicio 2021. Dende o Consistorio informaron de que, unha vez estean concedidas as axudas, as asociacións terán de prazo ata o 10 de decembro de 2021 para xustificar as actividades obxecto de subvención. As bases están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do venres 3 de setembro.
A partida municipal para este tipo de achegas ascende a 12.000 euros. Cada beneficiario recibirá como máximo 1.000 euros, ou o 70% do investimento subvencionable por cada anualidade. O alcalde, José Tomé, salientou que o obxectivo destas aportacións é «seguir apoiando o labor das nosas asociacións, especialmente neste momento de crise provocada pola pandemia». O rexedor monfortino precisou que «por este motivo, decidimos manter o mesmo importe que destinamos en 2020 a este concepto, para apoiar actividades imprescindibles para o desenvolvemento cultural da nosa cidade, como charlas, conferencias, publicacións, concertos ou eventos». Tomé insistiu en que «a pesares da pandemia, as asociacións de Monforte terán o apoio do equipo de Goberno».•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
O Concello de Sober vén de aprobar o orzamento para 2023 no que prima o gasto
Catro bens de interese cultural (BIC) de Quiroga serán dixitalizados pola Xunta de Galicia formando parte
A Concelleira de Cultura, Marina Doutón, acompañada polo Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José
Con moita afluencia de xente están a transcurrir os mercados de Nadal que se están a
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa do asfaltado da rúa Doutor López Suárez, dentro