
A Xunta de Galicia emitíu un total de 1.853.111 certificados covid. Deles, 1.784.039 foron certificados de vacinación, 42.226 foron certificados de resultado de proba diagnóstica e outros 26.846, certificados de ter superado a enfermidade.
Así mesmo, a Xunta de Galicia, en colaboración coas áreas sanitarias, continúa a realizar tests de antíxenos de xeito gratuíto nos puntos situados nos diferentes distritos sanitarios. Até o día de hoxe, estes puntos realizaron tests a un total de 27.632 persoas, o que permitiron detectar 310 casos positivos.
Ademais, e tras aprobarse por parte do Goberno de España a venda de autotest nas oficinas de farmacia, a Xunta de Galicia asinou, co obxectivo de evitar unha maior carga asistencial na atención primaria, un acordo cos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de Galicia para que as oficinas de farmacia adheridas poidan acreditar a validez dos resultados destas probas e integrar os seus resultados nos rexistros do sistema público de saúde. Até o día de hoxe, as oficinas de farmacia rexistraron os resultados das probas dun total de 38.593 persoas, que permitiron localizar a 480 persoas con resultado positivo.