Adxudicada por 83.000 euros a mellora da estrada provincial de Remesar, en Bóveda

A Deputación tamén mellora varios quilómetros de viais en Monforte e O Páramo

O presidente da Deputación, na visita ás obras realizadas recentemente en 3 quilómetros deste vial, cun investimento de 93.000 euros. GPDL

• Redacción- MONFORTE.
A Deputación vén de dar continuidade á mellora da LU-P-0907, coñecida como estrada de Remesar, que une os concellos de Bóveda e Paradela. A finais de agosto, o organismo provincial adxudicou por 82.280 euros as obras de mellora de tres quilómetros deste vial, entre os quilómetros 3,37 e 6,07, cun prazo de execución de 9 meses. As obras complementan as obras xa realizadas nos primeiros 3 quilómetros desta estrada, nos que a Deputación investiu outros 93.000 euros. •

A Deputación mellora varios quilómetros de viais en Monforte e O Páramo

A Deputación de Lugo licitou en agosto obras de mellora en cinco estradas provinciais que discorren polo municipio do Páramo. O investimento achégase ao medio millón de euros, para acondicionar algo máis de 14 quilómetros en total.

ARRANXOS EN CINCO ESTRADAS NO PÁRAMO
Na estrada LU-P-4304 que une O Páramo coa Pobra de San Xiao, mellorarase un treito de 200 metros, e outro máis de un quilómetro no antigo tramo da LU-P-2904 que conecta o concello con Conturiz. O conxunto de obras ten un prazo de execución de seis meses, e un investimento de máis de 367.000 euros.
Nas restantes tres estradas actuarase en 13 quilómetros, cun investimento de 122.851 euros e un prazo de execución de catro meses. En canto á estrada LU-P-4203 entre Pacios e Trebolle, rehabilitaranse máis de seis quilómetros entre os puntos 8 e 14. Dende a Deputación destacaron que este vial dá servizo ás parroquias de Friolfe e A Torre, e supón un punto de unión co concello de Paradela.
A licitación tamén incluiu obras na LU-P-4305 entre O Páramo e Moscán, para acondicionar o primeiro quilómetro e medio. Así mesmo, na LU-P-4306 de Santo André a Ribeira, a intervención farase nos primeiros 5,6 quilómetros.

MÁIS DE 130.000 EUROS PARA A ESTRADA DE MONFORTE A CURRELOS
A Deputación adxudicou a finais de agosto o arranxo da LU-P-3202 entre Monforte de Lemos e Currelos, no municipio de O Saviñao. A intervención implica o treito entre os puntos quilométricos 6,9 e 10,4, cun investimento de 133.100 euros. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

12.000 EUROS EN AXUDAS DO CONCELLO DE MONFORTE PARA ASOCIACIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO

Seguinte Nova

Un repaso á historia gráfica das denominacións de orixe galegas, no Museo do Viño de Galicia

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss