• Redacción- MONFORTE.
O progresivo peche de oficinas bancarias no rural está a xerar preocupación entre a cidadanía. A voz de alerta pola posible desaparición deste servizo en concellos pequenos déronse varios alcaldes lucenses do Partido Popular, na reunión mantida o 7 de setembro coa presidenta provincial desta formación, Elena Candia, e o vicepresidente da Fegamp e alcalde de Cervo, Alfonso Villares. Os rexedores de Baleira, Bóveda, O Incio, As Nogais e Paradela e o tenente de alcalde de Guntín amosaron a súa «preocupación» por este peche de servizos bancarios, que supón «un impacto negativo para o desenvolvemento de boa parte do noso territorio”. Candia asegurou que o PP levará iniciativas a diversas institucións para presionar ao Goberno central a que elabore un Plan estatal, coordinado con todas as administracións, que inclúa «medidas para facilitar o acceso da poboación a estes servizos». •
Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL
Durante un encontro co goberno municipal, Ana Pontón expuxo a necesidade de apoio económico para garantir
O Grupo Municipal do PP de Monforte presentou alegacións ao regulamento da escola infantil co obxectivo
O BNG de Monforte insta ao Concello a tomar medidas urxentes para abordar o preocupante estado
O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, tomou a decisión de presentar unha cuestión de confianza relacionada