Ata o 28 de setembro para matricularse na Escola Municipal de Música Samoeiro da Pobra do Brollón

Imaxe da actuación, o pasado mes de xuño, do alumnado da Escola de Música Samoeiro polo fin de curso. GPCPB

• R.- MONFORTE. Do 6 ao 28 de setembro, a Escola Municipal de Música Samoeiro da Pobra do Brollón ten aberto o seu prazo de matrícula. Neste curso, inclúe como novidade clases de guitarra. Haberá grupos para nenos e adultos en todas as disciplinas agás coro, e ofértase unha materia específica de iniciación musical para nenos de 5 a 12 anos.
A Escola Samoeiro continúa a ofrecer clases de baile tradicional galego, acordeón, gaita, percusión tradicional, frauta e piano.
A matrícula está aberta para veciños da Pobra e tamén doutros concellos. O prezo anual por materia é de 90 euros, e de 45 euros por materia adicional. Hai prezos reducidos para membros dunha mesma unidade familiar. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Un repaso á historia gráfica das denominacións de orixe galegas, no Museo do Viño de Galicia

Seguinte Nova

Música folk e noite de orquestra en Sober

Ir aInicio

Don't Miss