• Redacción- MONFORTE. A presidenta do PP Provincial, Elena Candia, acusou ao presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, o socialista José Antonio Quiroga, de «irresponsable» por permitir «un nivel tan baixo nas reservas de auga» na súa demarcación. Nunha concentración con alcaldes no encoro de Belesar, Candia considerou «alarmante» que o nivel en Belesar estea por debaixo do 30%.
A Xunta abriu expediente sancionador contra a Confederación Hidrográfica por permitir o baleirado dos embalses nesta demarcación, e actuar en contra do procedemento legalmente establecido. •