Música folk e noite de orquestra en Sober

• R.- MONFORTE. Sober ofrece unha ampla axenda musical nos días centrais de setembro. O venres 17, ás 22 horas, terá lugar un concerto de Luar na Lubre, na Praza do Concello.

MÚSICA FOLK
Este mesmo espazo acollerá, o sábado 18, unha sesión matinal a cargo da Asociación Cultural O Castro, a partir das 11:30. Ese día, dende as 19:00 horas, Asdomare ofrecerá unha sesión de narración oral e música na Praza do Toural, e ás nove da noite, comezará na Praza do Concello a actuación de música folk de O Fiadeiro, seguida dun concerto de A Roda ás 22:00 horas.

LOS SATÉLITES
O domingo 19 arrancará cunha sesión matinal a cargo da Banda de Música de Sober, na Praza do Concello. Ás sete da tarde comezará a comedia musical «Piscore: Concerto Singular», na Praza do Toural. A xornada rematará cun concerto da orquestra Los Satélites na Praza do Concello, a partir das dez da noite.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 28 de setembro para matricularse na Escola Municipal de Música Samoeiro da Pobra do Brollón

Seguinte Nova

Sanidade baixa de nivel os concellos de Ordes, Melide e Monforte de Lemos, non quedando ningún municipio en nivel máximo

A %d blogueros les gusta esto: