• Sonia García describe a evolución da vida tradicional na zona cara os novos tempos
• A edición do libro contou co apoio do Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación
• Redacción – MONFORTE. En agosto, tivo lugar na sede da Fundación Uxío Novoneyra en Parada do Courel a presentación do libro «Un ano no Carballal», da escritora Sonia García.
UN TRABALLO DE CAMPO CON TESTEMUÑOS DE VECIÑOS DA ZONA, EN ESPECIAL DA ALDEA DE O CARBALLAL
A obra, publicada pola Editorial Canela co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, parte dun traballo de campo realizado ao longo de moitos anos no Courel. A obra trata de reflexar a evolución da vida tradicional nesta zona aos novos tempos, partindo de experiencias vitais e testemuños de veciños da zona, con especial atención á aldea de O Carballal. Este núcleo foi elixido pola autora dado que é un lugar pouco contaminado por visitas de xente allea, e conserva a idiosincrasia dun pobo que pode igualarse a outros moitos de Galicia.
O traballo de García pretende achegar aos lectores unha experiencia e unha aprendizaxe únicos, valéndose da historia, o patrimonio, a paisaxe, a etnografía, a toponimia ou o uso local da lingua, entre outros elementos singulares deste territorio.•