O nivel alto de restricións aplicará para os concellos de Melide, Monforte de Lemos, Curtis, A Pobra de Trives e Viana do Bolo
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel alto de restricións para os concellos de Melide, Monforte de Lemos, Curtis, A Pobra de Trives e Viana do Bolo. Deste xeito, non queda ningún municipio galego en nivel máximo.
Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Muros, Santa Comba, Agolada, Arzúa, O Pino, Ordes, Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas de Rei, Sarria, Arteixo, Muxía e Nigrán.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.
Todas estas medidas entran en vigor desde ás 00:00 horas do sábado, 11 de setembro.